Puigdemont fai oficial a súa renuncia á reelección e sinala a Jordi Sànchez para a investidura.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5a984d7580070-video.jpg)
Puigdemont fai oficial a súa renuncia á reelección e sinala a Jordi Sànchez para a investidura.
Ana Miranda estréase como eurodeputada do BNG entregando á Comisión Europea información da instrución xudicial de Angrois que evidencia que Adif sabía que debía avaliar mellor a curva e non o fixo. O BNG está pendente da decisión que a Comisión tome sobre a súa denuncia contra España por incumprir a normativa comunitaria no accidente.
Feijóo anuncia unha lei contra a seca e un plan para controlar a calidade da auga para consumo humano, competencia local. “Este é o momento, un momento no que hai auga, incluso no que hai neve”, di o presidente.
O sindicato de maquinistas chega a un acordo con Renfe e desconvoca a folga que ía iniciar este venres día 2 de marzo. Segue activa a convocada pola CGT para o 8 de marzo.
O Supremo absolve a Cassandra Vera, a moza que fora condenada pola Audiencia Nacional a un ano de prisión por facer chistes sobre Carrero Blanco. Cóntao eldiario.es
A Deputación da Coruña instará a Patrimonio Nacional a recuperar o Pazo de Meirás apoiándose no informe xurídico que observa nulidade no proceso a través do que os Franco quedaron con el. Buscará, segundo vén de anunciar, o apoio do resto de Administración e das forzas políticas. Máis información, hoxe en Praza.
Esgotados os abonos de tres días para o festival O Son do Camiño, o primeiro ligado ao Xacobeo 2021. Así o vén de comunicar a organización do evento.
Medio cento de trens non circularán en Galicia este venres día 2 de marzo pola folga de maquinistas que se repetirá noutros cinco días do mes. Aquí podes ver o listado completo.
A taxa turística entra en vigor no Porto dende este 1 de marzo. O Concello da cidade fixouna en 2 euros por noite para todos os hóspedes maiores de 13 anos, que pagarán un máximo de sete noites. Atinxe a todos os establecementos que ofrecen aloxamento turístico. O goberno local estima que ingresará uns 6 millóns ao ano, segundo recolle o xornal Público. A Xunta vénse negando recorrentemente a aplicar esta medida en Santiago, como pide o Concello, xa que estima que sería prexudicial para o turismo.
Condena de oito anos e medio de inhabilitación ao alcalde de Xinzo por contratos a dedo. Antonio Pérez, que causou baixa no PP por este proceso, foi xulgado por un delito continuado de prevaricación administrativa.