O sindicato de maquinistas chega a un acordo con Renfe e desconvoca a folga que ía iniciar este venres día 2 de marzo. Segue activa a convocada pola CGT para o 8 de marzo.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5a97e90eb62be-585a7e67e4d82-800px-estacic3b3n_de_guillarei.jpg)
O sindicato de maquinistas chega a un acordo con Renfe e desconvoca a folga que ía iniciar este venres día 2 de marzo. Segue activa a convocada pola CGT para o 8 de marzo.
O Supremo absolve a Cassandra Vera, a moza que fora condenada pola Audiencia Nacional a un ano de prisión por facer chistes sobre Carrero Blanco. Cóntao eldiario.es
A Deputación da Coruña instará a Patrimonio Nacional a recuperar o Pazo de Meirás apoiándose no informe xurídico que observa nulidade no proceso a través do que os Franco quedaron con el. Buscará, segundo vén de anunciar, o apoio do resto de Administración e das forzas políticas. Máis información, hoxe en Praza.
Esgotados os abonos de tres días para o festival O Son do Camiño, o primeiro ligado ao Xacobeo 2021. Así o vén de comunicar a organización do evento.
Medio cento de trens non circularán en Galicia este venres día 2 de marzo pola folga de maquinistas que se repetirá noutros cinco días do mes. Aquí podes ver o listado completo.
A taxa turística entra en vigor no Porto dende este 1 de marzo. O Concello da cidade fixouna en 2 euros por noite para todos os hóspedes maiores de 13 anos, que pagarán un máximo de sete noites. Atinxe a todos os establecementos que ofrecen aloxamento turístico. O goberno local estima que ingresará uns 6 millóns ao ano, segundo recolle o xornal Público. A Xunta vénse negando recorrentemente a aplicar esta medida en Santiago, como pide o Concello, xa que estima que sería prexudicial para o turismo.
Condena de oito anos e medio de inhabilitación ao alcalde de Xinzo por contratos a dedo. Antonio Pérez, que causou baixa no PP por este proceso, foi xulgado por un delito continuado de prevaricación administrativa.
A xornada deste martes concluirá con importantes acumulacións de neve en gran parte de Galicia, especialmente no centro da provincia de Lugo e no sur de Ourense, tal e como reflicte o radar de Meteogalicia
O Concello de Baiona cancela agora o campo de golf que prevía construír no alto dun monte comunal argumentando que podía regalo co que alí chovese. Ademais da oposición veciñal, a Consellería de Sanidade tamén criticara o campo, cuxo deseño foi encargado en 2015 polo daquel alcalde e agora conselleiro, Jesús Vázquez Almuiña.
O Consello de Europa sinala os populares Xavier García Albiol e Javier Maroto como exemplos de discursos políticos xenófobos. Inclue a referencia a ambos dirixentes do PP na súa etapa como alcaldes de Badalona e Vitoria dentro do quinto informe sobre España da Comisión Europea contra o Racismo e a Intolerancia, no que se insta o Goberno español a crear un organismo independente para previr este tipo de condutas.