A taxa turística entra en vigor no Porto dende este 1 de marzo. O Concello da cidade fixouna en 2 euros por noite para todos os hóspedes maiores de 13 anos, que pagarán un máximo de sete noites. Atinxe a todos os establecementos que ofrecen aloxamento turístico. O goberno local estima que ingresará uns 6 millóns ao ano, segundo recolle o xornal Público. A Xunta vénse negando recorrentemente a aplicar esta medida en Santiago, como pide o Concello, xa que estima que sería prexudicial para o turismo.
