Condena de oito anos e medio de inhabilitación ao alcalde de Xinzo por contratos a dedo. Antonio Pérez, que causou baixa no PP por este proceso, foi xulgado por un delito continuado de prevaricación administrativa.

Condena de oito anos e medio de inhabilitación ao alcalde de Xinzo por contratos a dedo. Antonio Pérez, que causou baixa no PP por este proceso, foi xulgado por un delito continuado de prevaricación administrativa.
A xornada deste martes concluirá con importantes acumulacións de neve en gran parte de Galicia, especialmente no centro da provincia de Lugo e no sur de Ourense, tal e como reflicte o radar de Meteogalicia
O Concello de Baiona cancela agora o campo de golf que prevía construír no alto dun monte comunal argumentando que podía regalo co que alí chovese. Ademais da oposición veciñal, a Consellería de Sanidade tamén criticara o campo, cuxo deseño foi encargado en 2015 polo daquel alcalde e agora conselleiro, Jesús Vázquez Almuiña.
O Consello de Europa sinala os populares Xavier García Albiol e Javier Maroto como exemplos de discursos políticos xenófobos. Inclue a referencia a ambos dirixentes do PP na súa etapa como alcaldes de Badalona e Vitoria dentro do quinto informe sobre España da Comisión Europea contra o Racismo e a Intolerancia, no que se insta o Goberno español a crear un organismo independente para previr este tipo de condutas.
Volven convocar a charla de Josep Pámies en Vigo, que fora suspendida hai unhas semanas tralas críticas recibidas pola presenza do naturópata catalán coñecido por negar a existencia da Sida ou afirmar que pode curar o cancro con plantas. A Escuela Internacional de Desarrollo Humano, organizadora do evento, publica que o encontro se celebrará no Hotal Coia de Vigo o 9 de marzo ás 18 horas, con entradas a 5 euros.
Neva en boa parte de Galicia nunha xornada moi fría e con alerta laranxa en varias comarcas. O uso de cadeas é obrigatorio en varias estradas e noutras está prohibido o paso de camións, moitos deles parados desde a pasada noite. Foto de @GXDRadioGalega
O informe xurídico encargado pola Deputación da Coruña avala a nulidade da transmisión do inmoble por ser simulada. O documento aposta por acudir á vía xudicial. Ampliamos aquí a información.
O máis grande de Galiza está até a cona. O BNG reinterpreta a campaña da Xunta do pasado 25N para chamar á folga feminista do 8 de marzo. A portavoz nacional do Bloque e outras representantes da formación soberanista veñen de presentar a acción coa que apostan por "combater a desigualdade e rachar co machismo e o paternalismo". Consulta aquí toda a información
O independentismo catalán pacta un govern con Jordi Sánchez como president. JxCat e ERC pechan un preacordo para repartirse o Executivo ao 50% e propor para a investidura o líder da ANC encarcerado, a quen deberá autorizar o Supremo.
19 feridos e un detido nas protestas contra o rei de España en Barcelona. Felipe VI optou por fuxir da polémica na súa intervención na inauguración no Mobile World Congress.