19 feridos e un detido nas protestas contra o rei de España en Barcelona. Felipe VI optou por fuxir da polémica na súa intervención na inauguración no Mobile World Congress.
Fálase
Marica Campo será homenaxeada no Día das Galegas nas Letras deste ano, organizado pola plataforma de crítica literaria A Sega. O Manifesto Nosa Señora das Letras 2018 pódese ler xa na súa web.
Veciñanza de Touro e a súa contorna manifestarase este mediodía cunha tractorada para rexeitar a apertura da polémica mina que a empresa Cobre San Rafael pretende reabrir. O máis destacado da mobilización, hoxe en Praza.
Vinte e seis concellos de Galicia e Portugal asinan en Valença a súa unión na Agrupación Europea de Cooperación Territorial Rio Minho. É o quinto gran proxecto de cooperación entre administracións galegas e do norte portugués.
Hai hoxe 22 anos, cadrando co aniversario de Rosalía de Castro, comezaba a editarse Vieiros.com, o pioneiro xornal dixital en galego que seguiu publicándose ata o ano 2010, cando pechou. Na imaxe, unha captura do seu sitio web en 1998.
O persoal da Xustiza en folga traslada as súas reivindicacións ás rúas de Santiago cunha masiva manifestación. Toda a información, esta tarde en Praza.gal
AUDIO | Tal día coma hoxe de 1985 comezaban as emisións en probas da Radio Galega, cadrando co aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e baixo a denominación Radiotelevisión Galicia. O himno galego foi o primeiro que se escoitou naqueles primeiros pasos da radio pública, que comezou a súa andaina dende os estudios instalados no recinto de San Caetano, actual sede central da Xunta. Aquela emisión en probas pódese escoitar nesta ligazón.
Abel Caballero e Manuela Carmena reclaman conxuntamente que os concellos poidan destinar o seu superávit a servizos públicos. O alcalde de Vigo recibiu á rexedora madrileña como paso previo á xuntanza que manterá, como presidente da FEMP, o vindeiro luns co ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. "É absurdo que as cidades non poidan gastar o que aforran", resaltaron, nun sentido semellante ao que xa manifestara o conxunto dos concellos galegos
Antón Sánchez denuncia, coincidindo co aniversario do 23F a "deriva autoritaria do Estado” e os "ataques" que se están a producir ás "liberdades e dereitos fundamentais". "Criminalízase toda discrepancia ou disenso político", afirmou nunha rolda de prensa con Emilio Cao, o mozo do Carballiño que será xulgado o vindeiro mes en Madrid e que pode ser condenado a 5 anos e 8 meses de prisión
Cáritas, Aldeas Infantiles SOS Galicia e COGAMI recibirán as Medallas do Parlamento neste 2018. O Boletín Oficial da Cámara galega publica este venres o acordo de outorgar a distinción a estas entidades, que a recibirán o vindeiro 6 de abril, no aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía. Nas súas dúas primeiras edicións as Medallas foron para os anteriores presidentes do Parlamento e para a comisión redactora do 'Estatuto dos Dezaseis".