AUDIO | Tal día coma hoxe de 1985 comezaban as emisións en probas da Radio Galega, cadrando co aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e baixo a denominación Radiotelevisión Galicia. O himno galego foi o primeiro que se escoitou naqueles primeiros pasos da radio pública, que comezou a súa andaina dende os estudios instalados no recinto de San Caetano, actual sede central da Xunta. Aquela emisión en probas pódese escoitar nesta ligazón.
