Cando Rajoy felicitou por escrito ao autor de Fariña: "Xa o lin. Está moi documentado". O presidente do Goberno central recibiu o libro do líder de Podemos, Pablo Iglesias, e Rajoy escribiu ao xornalista Nacho Carretero unha nota de parabéns que agora é proba no proceso xudicial no que o ex-alcalde do Grove, Alfredo Bea Gondar, pretende secuestrar a obra. Cóntao Juan Luis Sánchez en eldiario.es
