Evaristo Varo, unha das testemuñas do caso da Hepatite C, di que "por suposto que houbo dilacións" á hora de subministrar os medicamentos e asegura que ten "documentación" que proba a súa acusación. O doutor, que foi quen denunciou o caso que fixo actuar á Fiscalía, declarou este xoves nos xulgados de Compostela.
