A Xunta recorre a orde do Estado que subirá o recibo de luz en Galicia para compensar as eléctricas polo pago de impostos. Feijóo cualifica de “reclamación incorrecta” a decisión do Goberno central porque o tributo galego é “ambiental” e non sobre “instalacións ou consumos”. A medida só afectaría ao abonado polas empresas en 2013.
