O voceiro do PP en Santiago admite agora que guindar lixo ao río Sar para denunciar que está contaminado foi unha "torpeza". O ex-conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, que a pasada semana se declarou "satisfeito" polo acto "divulgativo", di entender que as imaxes "causen risa" e lamenta as críticas do Goberno municipal ao respecto.
