Anna Gabriel anuncia que non acudirá ao Supremo a declarar e que queda en Suíza. Asegúrao nunha entrevista no xornal helvético Le Temps.
Fálase
Goberno central e PP volven amagar con introducir un formulario no ensino catalán para que as familias do alumnado decidan o idioma das materias escolares. O voceiro dos conservadores, Pablo Casado, suxire que o alumnado de Catalunya carece dun "bo uso semántico" da lingua castelá
Un ex-xogador do Racing de Ferrol, interrogado na macrooperación contra os amaños no fútbol de 2ªB e 3ª. José Manuel Catalá tería colaborado coa presunta trama de apostas durante a súa etapa no equipo galego. Cóntao Ferrol360.es.
A Audiencia de Valencia ordena reabrir a investigación do accidente do Metro de Valencia que a xuíza instrutora arquivara xa tres veces. Para pechar a instrución a xuíza baseárase entre outras nunha peritaxe realizada por Andrés Cortabitarte, director de Seguridade de Adif imputado polo accidente de Angrois.
Luis de Guindos será vicepresidente do Banco Central Europeo tras retirarse o seu rival irlandés e abre así unha crise de Goberno no Executivo de Rajoy, que terá que nomear un novo ministro de Economía.
Derrúbase o teito dunha aula de ensino infantil no colexio público Isidora Riestra, en Poio. O desprendemento aconteceu durante a fin de semana, o que evitou que o alumnado sufrise danos. (Imaxe: Xabier Fortes, xornalista de TVE)
Suspendido o xuízo contra o alcalde de Barreiros por outorgar licenzas ilegais para 2.966 vivendas nun só ano. A folga na Xustiza obriga a aprazar a vista oral, na que a Fiscalía prevía pedir dous anos de cárcere e dez de inhabilitación por uns feitos cometidos hai 12 anos.
O xuíz decreta liberdade baixo fianza de 60.000 euros para Marta Rovira, secretaria xeral de Esquerra Republicana de Catalunya, no marco da causa por suposta rebelión. É a medida que pedían Fiscalía e Avogacía do Estado.
O comité de folga do persoal de Xustiza reúnese arestora coa Xunta nun novo intento por desbloquear o conflito que acumula semana e media de folga.
Marta Rovira e Marta Pascal, líderes de ERC e PDeCat, declaran esta mañá no Supremo. A ex-deputada da CUP Anna Gabriel refúxiase en Suíza para preparar a súa defensa.