Luis de Guindos será vicepresidente do Banco Central Europeo tras retirarse o seu rival irlandés e abre así unha crise de Goberno no Executivo de Rajoy, que terá que nomear un novo ministro de Economía.
Fálase
Derrúbase o teito dunha aula de ensino infantil no colexio público Isidora Riestra, en Poio. O desprendemento aconteceu durante a fin de semana, o que evitou que o alumnado sufrise danos. (Imaxe: Xabier Fortes, xornalista de TVE)
Suspendido o xuízo contra o alcalde de Barreiros por outorgar licenzas ilegais para 2.966 vivendas nun só ano. A folga na Xustiza obriga a aprazar a vista oral, na que a Fiscalía prevía pedir dous anos de cárcere e dez de inhabilitación por uns feitos cometidos hai 12 anos.
O xuíz decreta liberdade baixo fianza de 60.000 euros para Marta Rovira, secretaria xeral de Esquerra Republicana de Catalunya, no marco da causa por suposta rebelión. É a medida que pedían Fiscalía e Avogacía do Estado.
O comité de folga do persoal de Xustiza reúnese arestora coa Xunta nun novo intento por desbloquear o conflito que acumula semana e media de folga.
Marta Rovira e Marta Pascal, líderes de ERC e PDeCat, declaran esta mañá no Supremo. A ex-deputada da CUP Anna Gabriel refúxiase en Suíza para preparar a súa defensa.
Comeza este luns o xuízo contra o alcalde de Barreiros por conceder licenzas ilegais para 2.966 vivendas nun só ano nunha vila de só 3.000 habitantes. A fiscal pide dous anos de cárcere e dez de inhabilitación por uns feitos cometidos hai 12 anos. Malia iso, o rexedor teima no uso “irracional” do solo no seu novo Plan de Urbanismo, criticado pola Xunta.
Varios medios e contas de Twitter ligadas á resistencia kurda fronte ao Estado Islámico en Siria informan da morte dun miliciano supostamente orixinario de Ourense que loitaba baixo o alias Baran Galicia.
Nigrán homenaxea ás dúas veciñas de Chandebrito que morreron nos incendios do 15 de outubro. A veciñanza descobre unha placa nunha fonte á que acudían no marco da recuperación de varios elementos etnográficos da parroquia.
As obras en Rande reduciron a circulación esta pasada noite a un só carril por sentido malia o anuncio de Fomento de que quedarían dous dispoñibles. Pecháronse os novos carrís da ampliación e todo o tráfico tivo que empregar un dos dous vellos taboleiros centrais. O ministro tamén prometera que os traballos pendentes realizaríanse pola noite pero están a afectar á circulación tamén durante o día.