O Supremo pide unha orden de detención "nacional" e só en España contra Anna Gabriel. A Fiscalía reclamou a "detención preventiva" da ex-deputada da CUP.
Fálase
ARCO retira a obra de Santiago Sierra que relata a Junqueras e os Jordis como "presos políticos". O Ifema ordena retirar a peza porque "a polémica prexudica a visibilidade do conxunto dos contenidos" da feira de arte.
Unha xuíza acorda o secuestro cautelar de Fariña, a obra do galego Nacho Carretero, a petición do ex-alcalde do Grove, Alfredo Bea, que denunciou o autor por "inxurias e calumnias". Consulta aquí toda a información
O Supremo ratifica a condena a 3 anos e medio de cadea ao rapeiro Valtonic por "inxurias" ao rei, enaltecemento do terrorismo e ameazas nas súas cancións. Cóntao eldiario.es
En marcha o percorrido na Berlinale de Trinta lumes, o retrato cinematográfico do Courel trazado por Diana Toucedo. Entrevistámola hai tres meses: “O que vin no Courel foi un lugar cheo dunha vida tremenda, que desaparece e emerxe outra vez”.
Luís Villares pide que Alfonso Rueda "se poña á fronte" da negociación da Xunta cos funcionarios de Xustiza e o cesamento do director xeral de Función Pública. "Alguén que ofrece aos traballadores emigrar non pode seguir negociando", asegura.
Anna Gabriel anuncia que non acudirá ao Supremo a declarar e que queda en Suíza. Asegúrao nunha entrevista no xornal helvético Le Temps.
Goberno central e PP volven amagar con introducir un formulario no ensino catalán para que as familias do alumnado decidan o idioma das materias escolares. O voceiro dos conservadores, Pablo Casado, suxire que o alumnado de Catalunya carece dun "bo uso semántico" da lingua castelá
Un ex-xogador do Racing de Ferrol, interrogado na macrooperación contra os amaños no fútbol de 2ªB e 3ª. José Manuel Catalá tería colaborado coa presunta trama de apostas durante a súa etapa no equipo galego. Cóntao Ferrol360.es.
A Audiencia de Valencia ordena reabrir a investigación do accidente do Metro de Valencia que a xuíza instrutora arquivara xa tres veces. Para pechar a instrución a xuíza baseárase entre outras nunha peritaxe realizada por Andrés Cortabitarte, director de Seguridade de Adif imputado polo accidente de Angrois.