Morre un ertzaina por parada cardíaca durante os altercados entre ultras do Spartak e do Athletic en Bilbao. Houbo cinco detidos e tres feridos máis logo dunha xornada de tensión pola presenza de violentos afeccionados rusos.
Fálase
Antena 3 estreará unha edición especial do primeiro capítulo de Fariña este mércores, logo do secuestro do libro no que está baseada a serie tras a denuncia do ex-alcalde do Grove.
A Policía intenta deter o humorista Joaquín Reyes pensando que era Puigdemont cando realizaba un sketch caracterizado como o ex-presidente da Generalitat.
Evaristo Varo, unha das testemuñas do caso da Hepatite C, di que "por suposto que houbo dilacións" á hora de subministrar os medicamentos e asegura que ten "documentación" que proba a súa acusación. O doutor, que foi quen denunciou o caso que fixo actuar á Fiscalía, declarou este xoves nos xulgados de Compostela.
O embaixador británico, Simon Manley, tuitea en galego tras reunirse co alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro.
O Goberno galego aprobou este xoves de xeito definitivo as oposicións de Educación para este ano cun total de 2.050 prazas que se reparten así.
A Xunta recorre a orde do Estado que subirá o recibo de luz en Galicia para compensar as eléctricas polo pago de impostos. Feijóo cualifica de “reclamación incorrecta” a decisión do Goberno central porque o tributo galego é “ambiental” e non sobre “instalacións ou consumos”. A medida só afectaría ao abonado polas empresas en 2013.
Alfredo Bea Gondar deposita os 10.000 euros para secuestrar o libro Fariña, de Nacho Carretero. Coa achega deses cartos, necesarios para responder a posibles danos e prexuízos, iniciaríase coa medida cautelar e prohibiríase a venda e distribución da obra.
ETA debate e vota a súa disolución, segundo conta o diario Gara. Logo de tres meses de reflexión, a organización terrorista ten previsto disolverse e non formar grupo ou formación política ningunha.
Morre Forges, debuxante e histórico humorista gráfico da prensa española. Antonio Fraguas, cuxo pai nacera na Fonsagrada, mantiña unha estreita relación coa vila da montaña lucense. Faleceu na madrugada deste xoves aos 76 anos.