The Killers, Lenny Kravitz, Jamiroquai, Two Door Cinema Club, Franz Ferdinand ou Mando Diao, no cartel do primeiro festival ligado ao Xacobeo 2021, o vindeiro xuño en Santiago. Novedades Carminha, Triángulo de Amor Bizarro, Bala, Eladio y los Seres Queridos ou Malandrómeda serán a participación galega no evento, presentado este venres. 'O son do camiño' celebrarase no Monte do Gozo e é parte dun proxecto que inclúe outros cinco concertos en cidades galegas e ao que a Xunta destina 2,9 millóns de euros.
