Un cento de persoas participan, baixo unha forte choiva, na concentración de apoio a Analia, unha muller de Vigo ameazada de desafiuzamento. A Plataforma de Afectados polos Desafiuzamentos de Vigo e Val Miñor esixe a "inmediata" posta en marcha dun servizo de vivendas "para persoas ou familias con alto risco de exclusión social".