A páxina da RAG vén de inaugurar o espazo dedicado a Roberto Vidal Bolaño con motivo das homenaxes polo Día das Letras
Fálase
TV-3 poderase ver de novo na Comunidade Valenciá e Canal 9, en Catalunya, grazas a un acordo entre os dous gobernos. Agora todo depende dunha ampliación de frecuencias por parte de Industria
Dos 3.000 millóns de débeda bancaria da compañía, máis de 1.430 están en mans de 58 entidades internacionais, o 47% do total.
El Diario publica unhas "reflexións sobre Bangladesh e consumo responsable" realizadas por Julián Donoso, de Ayuda en Acción: "Se o consumidor quere produtos baratos, todos os esforzos da empresa van a proporcionar produtos baratos. Con todas as súas consecuencias"
O Goberno central publica na súa web o texto íntegro do Programa Nacional de Reformas, co paquete de recortes aprobado no Consello de Ministros da pasada semana.
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese no Uruguai co presidente do país e aposta por "fortalecer as relacións" da Unión Europea co Mercosur
O único deputado de UPyD na Xunta Xeral (Parlamento) de Asturias suma sete asesores. Cóntao La Nueva España
A primeira web da historia cumpre 20 anos e recupera a súa url orixinal. O 30 de abril de 1993 o CERN oficializou nun documento que a tecnoloxía deseñada para a creación da World Wide Web era dende aquela de dominio público.
Tres traballos galegos participan no Documenta Madrid: as longametraxes Fóra (Xan Gómez e Pablo Cayuela) e Avión, o pobo ausente (Marcos Hervera e María Hervera) e a curtametraxe A Conserveira.
Esta mañá celebrouse unha concentración na Coruña, na praza da Palloza e diante da sede da empresa Hidralia, para denunciar "a vulneración dos dereitos humanos que está a practicar Hidralia Energía en Guatemala". Máis información, nuns minutos en Praza.