Cabeceira da manifestación da CIG na Coruña. Por certo, a CIG é trending topic en twitter a nivel estatal #folgaxeral (via @mobelleiro)
Fálase
A piques de comezar a mobilización central da CIG, en Vigo (via @lara_grana) #folgaxeral
Tamén comeza a manifestación en Ferrol #folgaxeral (via @lazosferrol)
A piques de comezar a manifestación de CCOO e UGT en Santiago. Ás 12:30 comeza a da CIG #folgaxeral
#folgaxeral Moita xente igualmente na manifestación de CCOO e UGT en Pontevedra (via @javimaro)
#folgaxeral CCOO e UGT están celebrando en Vigo a manifestación máis multitudinaria das que convocaron nos últimos anos na cidade (via @PatriRguezC)
#folgaxeral Outra imaxe da masiva mobilización de CCOO e UGT en Vigo (via @vigoalminuto)
#folgaxeral A manifestación central de CCOO e UGT en Galicia xa percorre as rúas de Vigo. Son ducias de milleiros de persoas (imaxe via @lutxo_2073)
#folgaxeral Un numeroso piquete da CIG segue a percorrer as rúas céntricas de Santiago
#folgaxeral Máis do 80% do profesorado galego participa na folga, segundo CIG-Ensino, que engade que "a maioría dos centros pararon na súa totalidade". O sindicato acusou a Consellaría de Educación de tentar manipular os datos, ao solicitarlles aos centros os datos de seguimento antes das 9.15 da mañá, polo que os docentes que non teñan clase a primeira hora non serán contabilizados como folguistas.