#folgaxeral Outra imaxe da masiva mobilización de CCOO e UGT en Vigo (via @vigoalminuto)
Fálase
#folgaxeral A manifestación central de CCOO e UGT en Galicia xa percorre as rúas de Vigo. Son ducias de milleiros de persoas (imaxe via @lutxo_2073)
#folgaxeral Un numeroso piquete da CIG segue a percorrer as rúas céntricas de Santiago
#folgaxeral Máis do 80% do profesorado galego participa na folga, segundo CIG-Ensino, que engade que "a maioría dos centros pararon na súa totalidade". O sindicato acusou a Consellaría de Educación de tentar manipular os datos, ao solicitarlles aos centros os datos de seguimento antes das 9.15 da mañá, polo que os docentes que non teñan clase a primeira hora non serán contabilizados como folguistas.
#folgaxeral A CIG amosa esta imaxe que, subliña, "ilustra a brutalidade policial empregada na detención, arbitraria" do seu cámara en Vigo
#folgaxeral Os piquetes informativos detallan que o principal centro comercial de Lugo permanece pechado
#folgaxeral Un numeroso piquete informativo da CIG percorre a esta hora o Ensanche de Santiago, no que hai pouca actividade comercial.
#folgaxeral Importante presenza de piquetes no centro comercial Catro Camiños e en El Corte Inglés da Coruña. Imaxe de @XosePepinho
#folgaxeral UGT cifra nun 90% o seguemento da folga a esta hora en Galicia. Por sectores, sitúa nun 100% o paro na recollida do lixo e limpeza viaria e no naval, nun 95% nos transportes, nun 85% na construción e nun 80% no sector agroalimentario e nas conservas.
#folgaxeral Finalmente a facultade de Dereito da USC non pechou as súas portas. Os piquetes informativos na zona aseguran que é a "única" que permanece aberta e que hai "ameaza" de "antidisturbios".