Abel Caballero carga contra a xestora do PSdeG-PSOE, da que di que está "deslexitimada, desautorizada e illada". Afirma que debe "asumir xa as súas responsabilidades e facer fronte ao desastre que creou tanto no partido coma no electorado que nos deu as costas".
Fálase
O PSOE queda sen tempo para celebrar primarias se hai terceiras eleccións. Javier Fernández pretende prolongar ao máximo a decisión sobre se permiten gobernar a Rajoy ou van a novos comicios
Os acusados da Gürtel fan o derradeiro intento por anular as gravacións que os incriminan. Bárcenas, Correa e Galeote xa o intentaron noutras ocasións, pero o xuíz Pablo Ruz confirmou que eran perfectamente legais
Esta noite celebrouse o debate entre os aspirantes a vicepresidente dos Estados Unidos. Tim Kaine e Mike Pence repetiron o argumentario dos seus líderes sen brillo e sen un gañador claro, aínda que as sondaxes situaron algo por diante o republicano Pence
ÚLTIMA HORA | O xuíz fixa para o 18 deste mes a ratificación pericial sobre Angrois adiada logo de entregar onte Adif documentos que omitira durante tres anos.
Podemos, En Marea e alcaldes "do cambio" buscan apoios no Congreso para tombar a 'lei Montoro'. A primeira proposición de lei do grupo pide derrogar a norma que controla o gasto de comunidades e concellos e substituíla por outra que permita aos municipios "prestar os servizos esenciais".
ÚLTIMA HORA | Suspendida a ratificación pericial sobre Angrois prevista para mañá mércores logo da entrega por Adif onte luns de 300 folios que “omitira por erro” durante tres anos.
VÍDEO | A Federación Galega de Saúde Mental (FEAFES) lanza unha campaña contra os prexuízos cara ás persoas con enfermidade mental. Co gallo do día mundial destas doenzas e a través de rostros coñecidos e anónimos, animan a "amosar que as persoas con problemas de saúde mental poden vivir en sociedade como calquera outra". Toda a información, no sitio web da campaña
Vén de iniciar a súa actividade Facua-Galicia, froito da unión de FACUA-Consumidores en Acción e a organización de consumidores galega ACUA. Nace cuns 8.000 socios e socias e está presidida polo lucense Víctor Muñoz Meilán.
As inscricións nas oficinas de emprego galegas aumentaron en 1.291 o pasado setembro ata quedar en 194.336, son 21.401 menos que hai un ano. A afiliación media á Seguridade Social descendeu en 6.218, ata as 972.887, isto é, 15.415 que no mesmo mes de 2015.