A "morneza" que Rubalcaba está a amosar no escándalo de Bankia xera malestar en sectores do PSOE, segundo eldiario.es. Carme Chacón esixiulle a Rubalcaba que solicite publicamente a creación dunha comisión de investigación sobre o caso.
Fálase
Suíza emite débeda a tres meses con interese negativo, dado o o atractivo que xera nos investidores na seguridade do franco suízo. É dicir, os investidores páganlle intereses a Suíza por emprestarlle cartos.
Bruxelas propón que o fondo de rescate recapitalice de forma directa á banca. O anuncio da Comisión Europea baixa de inmediato o nivel da prima de risco.
Case 1.400 familias foron desafiuzadas no que vai de ano en Galicia, segundo datos de CCOO, UGT e Rede Galega contra a Pobreza. Máis información esta tarde en Praza.
Rueda dille ao BNG que "non ten sentido a creación dun banco público" porque "xa hai un consenso na sociedade en que a xestión das entidades financeiras debe estar en mans de profesionais". Segundo o conselleiro da Presidencia e secretario xeral do PPdeG as "nefastas consecuencias sobre o panorama financeiro español" viñeron dadas pola "xestión política", neste caso do gobernador do Banco de España.
Bruxelas pide a España que suba o IVE e que acelere a xubiliación aos 67 anos. A Comisión Europea aposta por que o Estado suprima os tipos reducidos e asegura que lle dará un ano máis ao Goberno para reducir o déficit se se compromete a facer máis axustes.
Duras protestas dos traballadores de Navantia en Ferrol. Uns 4.000 operarios da empresa principal e das subcontratas concéntrase na cidade departamental, onde se escoitan ruído de petardos e onde xa se rompeu algún cristal. Varios traballadores invaden a sede da Xunta.
Un vídeo difundido a través de YouTube recolle o desaloxo forzoso por parte da Policía Nacional dun peche estudantil nunha biblioteca de Ourense contra os recortes educativos. Os estudantes denuncian "violencia policial" e anuncian protestas contra a actuación dos axentes.
O Tribunal Supremo británico confirma que Assange pode ser extraditado a Suecia.
A taxa de paro entre os menores de 34 anos triplícase desde o inicio da crise, ao pasar do 10,8% do primeiro trimestre de 2007 ao 33% do primeiro trimestre deste ano, segundo o informe elaborado por Agett.