Bruxelas pide a España que suba o IVE e que acelere a xubiliación aos 67 anos. A Comisión Europea aposta por que o Estado suprima os tipos reducidos e asegura que lle dará un ano máis ao Goberno para reducir o déficit se se compromete a facer máis axustes.
Fálase
Duras protestas dos traballadores de Navantia en Ferrol. Uns 4.000 operarios da empresa principal e das subcontratas concéntrase na cidade departamental, onde se escoitan ruído de petardos e onde xa se rompeu algún cristal. Varios traballadores invaden a sede da Xunta.
Un vídeo difundido a través de YouTube recolle o desaloxo forzoso por parte da Policía Nacional dun peche estudantil nunha biblioteca de Ourense contra os recortes educativos. Os estudantes denuncian "violencia policial" e anuncian protestas contra a actuación dos axentes.
O Tribunal Supremo británico confirma que Assange pode ser extraditado a Suecia.
A taxa de paro entre os menores de 34 anos triplícase desde o inicio da crise, ao pasar do 10,8% do primeiro trimestre de 2007 ao 33% do primeiro trimestre deste ano, segundo o informe elaborado por Agett.
A prima de risco supera os 520 puntos básicos e segue marcando récords históricos ao pouco de abrir o mercad bursátil e logo de informacións que din que o BCE rexeita inxectar débeda pública en Bankia.
Un estudo do Pew Research Center indica que os españois perden rapidamente a súa confianza na construción europea e no capitalismo. Aínda que o 60% dos españois seguen apoiando a pertenza á UE (moi por riba de Gran Bretaña e Grecia), este apoio descendeu case vinte puntos nos dous últimos anos. De igual xeito, a enquisa amosa que en España só o 47% dos entrevistados apoian o libre mercado, 15 puntos menos que en 2010
Un parque eólico en Piñor, Dozón e O Irixo ameaza as captacións de auga para consumo e regadío, segundo La Región
O TSXG avala a retirada da estatua de Millán Astray e da súa condición de fillo predilecto da Coruña, desestimando o recurso da Asociación Cultural e Deportiva de Veteranos da Lexión
Lara Graña entrevista a Joaquín Almunia no Faro de Vigo. O comisario europeo de Competencia salienta que "Bruxelas ten que garantir se o novo tax lease é compatible ou hai que modificalo"