Este sábado está convocada unha concentración silenciosa en solidariedade con Jaume Bonet, o xubilado mallorquín que leva 24 días en folga de fame en reivindicación dos seus dereitos lingüísticos e en protesta polos ataques ao catalán por parte do goberno de Baleares. O seu estado de saúde debilitouse nos últimos días.
Fálase
A Xunta gastará 59 mil euros en mercar 177 cadeiras (a 333 euros cada unha) para a Cidade da Cultura
Estase a celebrar en Madrid un acto de apoio á folga xeral do 29M do mundo da cultura e a universidade, coa presenza de Juan José Millás, Almudena Grandes, Eduardo Mendicutti, Juan Diego Botto ou Pilar Bardem, presendo por Luís García Montero
O Congreso celebrará o 29M un dos plenos más longos da lexislatura, co debate de cinco decretos de lei, informa Gara.
A supresión dos convenios colectivos reduce os salarios nun 20% en Grecia, segundo datos recollidos polos inspectores do Ministerio de Traballo
A lei de Transparencia non afectará á Casa Real porque non é unha administración pública, di Saénz de Santamaría. O Parlamento navarro insta ao Goberno central a que inclúa na lei "os mecanismos legais que resulten oportunos" para coñecer as asignacións e o patrimonio de cada membro da Casa Real
Queremos Galego convoca unha manifestación o 17 de maio en Compostela en defensa da lingua
O BNG ratifica que todos os seus cargos públicos secundarán a folga xeral e pedirán que se lles desconte a parte proporcional dos seus salarios. O portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, e a súa voceira parlamentaria, Ana Pontón, chamaron á participación nas mobilizacións contra a reforma laboral, que pretende "saquear ao pobo para seguir garantindo os beneficios da banca e grandes corporacións", din.
O bispo de Cádiz aposta por "recuperar o diezmo", que destinaría a axudar "os máis necesitados".
José Manuel Romay Beccaría volverá ser presidente do Consello de Estado. O ata agora tesoureiro do PP xa o fora con José María Aznar.