O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense empregará unha apisonadora para crear un gravado de grandes dimensións como homenaxe a Carlos Casares. A iniciativa, coordinada polo artistas Fonso Castro, Isabel Somoza, Xabier de Sousa e Xosé Poldras, evocará pasaxes de Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Vento ferido e O sol daquel verán. Será este sábado ás 18 horas nos exteriores da entidade.
Fálase
Un incendio forestal arrasa na Fonsagrada unhas 60 hectáreas de monte na parroquia de San Pedro de Río. Ata finais de abril xa arderan en Galicia unhas 3.000 hectáreas.
As treboadas deixaron en Galicia máis de 2.000 raios durante a xornada do xoves, segundo rexistrou Meteogalicia. Os chubascos treboentos continúan este venres, sobre todo pola mañá.
Trump aproveita a cimeira da OTAN para rifar aos gobernos de Europa e esixir máis gasto militar.
O ex-primeiro ministro grego, Lukas Papademos, ferido tras unha explosión no seu coche no centro de Atenas.
Seixo (CIG) ve condicións para convocar unha folga xeral en xuño. "O PP debería estar ilegalizado", di nunha entrevista concedida a Europa Press.
A xuíza apartada da Gürtel por ser próxima ao PP presidirá a Sala do Penal da Audiencia Nacional. Concepción Espejel foi elixida cos votos da maioría conservadora do Consello Xeral do Poder Xudicial.
A economía galega desacelera o seu crecemento: seis décimas no primeiro trimestre, dúas décimas menos que no conxunto do Estado.
O presidente brasileiro Michel Temer saca o exército á rúa para conter as protestas cidadás que piden a súa dimisión e a convocatoria inmediata de eleccións. A pasada semana o Tribunal Supremo Federal autorizou investigar a Temer por corrupción e obstrucción á Xustiza.
Ourense acadou os 39,1 graos este mércores, nunha xornada na que boa parte de Galicia superou os 30 graos. Hoxe os termómetros seguirán marcando valores elevados, pero xa pola tarde podería chover no interior. O venres os mercurios baixarán ao redor de 8 graos.