A Audiencia rexeita o recurso de Julio Fernández Gayoso para saír de prisión. Desbota decidir a liberdade do ex-copresidente de Novacaixagalicia e mais do asesor xurídico Ricardo Pradas, encarcerados o pasado xaneiro.
Fálase
O documental Cociñando na fin do mundo gaña o XXIII Premio Álvaro Cunqueiro de Xornalismo Gastronómico convocado polo Concello de Lalín
O BNG presenta os documentos políticos da súa Asemblea Nacional de marzo coa "aspiración de ser a casa común do nacionalismo". O proceso implica a elaboración duns novos estatutos e unha plan "a cinco anos" denominado 'Estratexia Avanza Galiza', segundo explicaron Goretti Sanmartín e Rubén Cela.
O CIS mantén o PP en cabeza cun nivel idéntico ao das xerais de xuño do pasado ano e lixeiras variacións no resto de grupos
A RAG incorpora ao seu arquivo en liña todos os retratos de Rosalía de Castro que conserva. Con estas incorporacións medra o catálogo de documentos dixitalizados que a Real Academia Galega sumou ao Arquivo Dixital de Galicia.
O Concello de Ferrol pide que os medios públicos reabran as súas delegacións na cidade. Cóntao Ferrol 360
A Agrupación Astronómica Coruñesa insta a UNED a non avalar un curso de astroloxía que prevé na cidade, aínda non aprobado definitivamente. A universidade, subliñan, non debe xogar o seu "prestixio" dando abeiro ás "supersticións".
O Concello de Lugo denuncia a Xunta por executar obras no Camiño de Santiago sen licenza. Cóntao El Progreso. O pasado verán o Foro do Camiño alertara de que Turismo estaba a alterar a traza histórica da ruta xacobea na provincia lucense.
Abel Caballero retruca ao Real Madrid que "non manda nas decisións de Vigo" e o club de Florentino Pérez acusa o alcalde de mentir sobre o peche do estadio de Balaídos da pasada fin de semana por mor do temporal.
O pleno da Coruña aproba -cos votos de Marea, PSOE e BNG- o cambio na ordenanza da ORA que permitirá anular as denuncias