Os tres grupos do Parlamento galego pactan unha declaración institucional en lembranza das vítimas do holocausto perpetrado polos nazis. "Manifestamos o noso máis firme compromiso cos dereitos inalienables da persoa e coa liberdade para que non se volva repetir unha tolemia semellante", di o documento.
Fálase
O estadio de Saint Denís, en París, ofrécese para acoller a final da Copa do Rei entre o Barça e o Athletic de Bilbao. En Vilaweb.
En Portugal, os directivos hospitalarios poderán seguir cobrando máis ca o primeiro ministro, cunha excepción semellante á lei galega de Administración Pública. No Diário de Notícias
Por primeira vez en dous anos e medio, a economía da eurozona padeceu unha caída da actividade de tres décimas no cuartro trimestre de 2011. As medidas de austeridade por, entre outras causas, a crise da débeda, está a pasar seria factura ao proxecto de moeda común. Máis información no Jornal de Negócios
Holanda e Italia entran oficialmente en recesión. A caída do PIB italiano de medio punto porcentual, sumada á rexistrada no terceiro trimestre de 2011, constata as consecuencias dunha austeridade moi profunda e dunha Europa que non dá atopado a solución aos seus problemas. Máis información no Corriere della Sera
A taxa de variación do Índice de Prezos de Consumo (IPC) foi do -1,1%, debido principalmente ás rebaixas, ao descenso das tarifas telefónicas ou ao mantemento do prezo do tabaco. En comparación interanual a variación foi do -0,4%. O indicador queda en xaneiro no 2%, e dúas décimas máis (2,2%) en Galicia
A economía alemana sufriu unha caída de dúas décimas no último trimestre de 2011. En comparación interanual, o Produto Interior Bruto (PIB) avanzou un 1,5%. Neste enlace está toda a información do organismo estatístico oficial de Alemaña, o Destatis.
Na primeira presentación pública dos EcoGaleguistas, acontecida este pasado serán na Galería Sargadelos da Coruña, houbo ao redor de dúas ducias de asistentes e moito debate no final. O día 25 de febreiro está prevista a asemblea nacional constituínte deste novo grupo político, que pretende formar parte do que se vén chamando Novo Proxecto Común.
+Galiza manifesta que os seus membros na Executiva Nacional do BNG aceptaron os seus cargos "por imperativo estatutario". Na circular interna, afirma: "Máis Galiza, a pesar das ofertas da APU, rexeitou ter postos de relevancia e optou por levar responsabilidades de baixo perfil político, á espera da decisión definitiva que a militancia adopte na Asemblea Nacional do día 11 de marzo."
González Pons atribúelle ao ministro de Educación, José Ignacio Wert, a "recuperación dun tesouro roubado polos piratas" e o "descubrimento doutra Gioconda, tamén do entorno de Leonardo, pero moito máis moza e moito máis guapa". No diario Público