Conde Roa afirma que non vai dimitir, pero admite que vai ter "un mes moi duro". O alcalde compostelán declarará nuns día como imputado nun delicto de evasión fiscal. Mentres, o BNG xa solicitou a dimisión do rexedor, o mesmo que UPyD.
Fálase
O custe para as arcas pública da seguridade do Pazo de Meirás, que reabre hoxe as súas portas para visitas, podería chegar aos 30 mil euros anuais.
Esta semana festiva continuará con inestabilidade meteorolóxica, con chuvascos treboentos a tarde do venres e chuvias febles o sábado pola mañá. A partir do sábado ao mediodía verase máis o sol e o domingo mesmo subirán as temperaturas.
ADEGA denuncia que en Reganosa se fan cargas e descargas de gas "innecesarias e perigosas".
Unha análise de Marco Antonio Moreno afirma que o aumento da prima de risco amósanos que "España entra na espiral da morte"
O Finantial Times publica unha infografía para amosar como repercutiu en cada país europeo o recorte do gasto público nas axudas ao desenvolvemento
Reabre o Pazo de Meirás. Poderase visitar en catro quendas: 11, 12.30, 15 e 16.30.
O ministro de Economía, Luis De Guindos, bota a culpa da suba da prima de risco ao "nerviosismo e volatilidade" que xeran nos mercados as "dúbidas sobre o crecemento en Europa".
Marta Fernández Currás apoia o proxecto de Novagalicia Banco por ser "razoable, coherente e sólido". A secretaria de Estado de Orzamentos e ex conselleira de Facenda, nunha entrevista na Cadena Ser, defendeu tamén os Presupostos Xerais do Estado "por realistas e executables", aínda que recoñeceu tamén que son "feos"
O BNG de Compostela pide a dimisión do alcalde, Gerardo Conde Roa, logo da querela que a Fiscalía vén de realizar contra el por un delito contra a Facenda Pública ao non declarar preto de 300.000 euros. "Cada hora que pasa sen que dimita, págao Santiago", di o Bloque.