Rajoy baralla o sábado 29 de outubro como data para a súa investidura en segunda votación. A primeira sesión comezaría o mércores 26. Durante os actos oficiais do 12 de outubro, o presidente en funcións non quixo pronunciarse sobre o posible apoio do PSOE a través dunha abstención: "O mellor que podo facer é estar calado".
Fálase
Compromís valora levar á Fiscalía a retirada do busto de Fraga no Senado, despois de que a súa proposta fose rexeitada este martes pola Mesa da cámara
As ausencias marcan un 12 de outubro pouco concorrido en Madrid. Ao desfile faltaron os presidentes de Cataluña, País Vasco, Galicia, Navarra e Comunidad Valenciana, así coma a alcaldesa da capital e os líderes de Unidos Podemos. Antonio Hernando representou ao PSOE.
A libra perdeu case un 15% do seu valor con respecto ao euro dende o Brexit e achégase á paridade. O 23 de xuño unha libra pagábase a 1,307 euros e hoxe faino a 1,107, sumando nestes últimos meses varios episodios de caídas pronunciadas e unha gran volatilidade.
Chega ás salas de cine Astral, o documental impulsado por Jordi Évole que amosa a traxedia dos milleiros de persoas migrantes que cada ano morren no Mediterráneo. A recadación destinarase á ong Proactiva Open Arms. En Galicia pódese ver na Coruña, Vigo, Santiago, Vilagarcía, Ourense e Viveiro
Un matrimonio de Ponteareas, sen casa dous días despois de ser desafiuzado por erro, pois a vivenda a embargar era outra. A parella non estaba no seu domicilio cando a comisión xudicial cambiou as pechaduras
Galicia consolídase entre as comunidades con maior éxodo de traballadores/as tras subir un 10% en 2015. As contratacións de galegos/as noutras autonomías superaron en 22.500 ás dos e das chegadas de fóra
Tan só un de cada tres votantes do PSOE apoia a abstención na investidura de Rajoy, segundo a enquisa de Celeste Tel que publica Eldiario.es. O 50,3% prefire un 'non', aínda que isto leve a novas eleccións. Con todo, o 53,1% amósase conforme co relevo de Pedro Sánchez
O Colexio Oficial de Psicoloxía outorga o Premio Dolores Llópiz -o seu máximo galardón- á Rede Galega de Loita contra a Pobreza. A entidade recibirá este recoñecemento no marco do encontro Achegas da Psicoloxía, que se celebrará en Ribadeo.
O rei abre unha nova rolda de contactos para a investidura os días 24 e 25. O prazo para a disolución das Cortes remata o 31 de outubro.