O PP denuncia a Deputación de Lugo ante a Fiscalía pola campaña da vicepresidencia contra o rescate bancario "por financiar con fondos públicos a campaña dun partido político", en relación ao BNG.

O PP denuncia a Deputación de Lugo ante a Fiscalía pola campaña da vicepresidencia contra o rescate bancario "por financiar con fondos públicos a campaña dun partido político", en relación ao BNG.
El Confidencial Digital afirma que o Goberno central baralla unha reforma do Código Penal para perseguir o fraude no cobro da prestación por desemprego, que pasaría a ser un delicto.
O pleno do Penal do Tribunal Supremo non ve delicto nos gastos de viaxes de Dívar, por 11 votos contra 4. Segundo El País, cinco vogais progresistas do Consello Xeral ro Poder Xudicial forzan a celebración un pleno extraordinario para mañá ou pasado; neste pleno se debaterá a continuidade de Carlos Dívar como presidente.
Adicae (Asociación de Usuarios de Bancos e Caixas) pide en Santiago que o capital que conforma o rescate bancario se utilice para devolverlles os cartos ás persoas que foron estafadas coas participacións preferentes, e tamén para que flúa o crédito cara ás pequenas empresas e os particulares.
Os traballadores de Alcoa chegaron este mediodía a San Caetano, completando o camiño a pé dende A Coruña. Reuníronse co conselleiro de Industria, Javier Guerra, para solicitarlle que a Xunta actúe como interlocutor das súas demandas ante Madrid.
O ministro británico de Finanzas, George Osborne, afirma no Financial Times que a saída de Grecia do euro pode ser o prezo a pagar para convencer a Alemaña de que debe salvar a moeda única. Ademais, critica a fórmula escollida para o rescate aos bancos españois, pois tería preferido unha "inxección directa", sen pasar por un goberno español do que dubida da súa credibilidade.
Liberbank (a unión de Caja Cantabria, Caja Extremadura, Cajastur e CCM) ofrece canxear as participacións preferentes por depósitos a prazo fixo por catro anos.
Suspéndese momentaneamente o pleno do Parlamento ao quedar sen luz o hemiciclo durante uns poucos minutos, tras os que a sesión se reanudou con normalidade.
Os tres aeroportos galegos perderon pasaxeiros en maio a respecto do mesmo mes do ano pasado. Lavacolla caeu un 14,4%, Alvedro un 17,7% e Vigo, un 23,8%.
Cruz Vermella gaña o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional 2012