Os traballadores de Alcoa chegaron este mediodía a San Caetano, completando o camiño a pé dende A Coruña. Reuníronse co conselleiro de Industria, Javier Guerra, para solicitarlle que a Xunta actúe como interlocutor das súas demandas ante Madrid.

Os traballadores de Alcoa chegaron este mediodía a San Caetano, completando o camiño a pé dende A Coruña. Reuníronse co conselleiro de Industria, Javier Guerra, para solicitarlle que a Xunta actúe como interlocutor das súas demandas ante Madrid.
O ministro británico de Finanzas, George Osborne, afirma no Financial Times que a saída de Grecia do euro pode ser o prezo a pagar para convencer a Alemaña de que debe salvar a moeda única. Ademais, critica a fórmula escollida para o rescate aos bancos españois, pois tería preferido unha "inxección directa", sen pasar por un goberno español do que dubida da súa credibilidade.
Liberbank (a unión de Caja Cantabria, Caja Extremadura, Cajastur e CCM) ofrece canxear as participacións preferentes por depósitos a prazo fixo por catro anos.
Suspéndese momentaneamente o pleno do Parlamento ao quedar sen luz o hemiciclo durante uns poucos minutos, tras os que a sesión se reanudou con normalidade.
Os tres aeroportos galegos perderon pasaxeiros en maio a respecto do mesmo mes do ano pasado. Lavacolla caeu un 14,4%, Alvedro un 17,7% e Vigo, un 23,8%.
Cruz Vermella gaña o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional 2012
A lucense Alessandra Aguilar incorpórase á selección española de maratón que participará nos Xogos Olímpicos, onde compartirá equipo con outra galega, Vanessa Veiga. A atleta de Lugo tivo que cumprir tres meses de dopaxe tras un erro na inxesta dun medicamento. Con esta incorporación, son xa once os atletas olímpicos galegos confirmados para Londres.
Rajoy insiste en que será a banca quen pague o préstamo da UE. "O que outros fixeron con débeda pública nós farémolo con axuda europea", asegurou o presidente do Goberno no Congreso.
Un grupo de mineiros, desaloxado do Congreso por mostrar unha camiseta reivindicativa protestando contra os recortes á mineiría.
Os prezos caen dúas décimas en Galicia. O IPC descendeu en relación ao mes anterior e a taxa interanual ten baixado até o 1,8% no país, segundo datos do INE.