Rafael Louzán presidirá a Federación Galega de Fútbol. O tamén presidente da Deputación Provincial de Pontevedra derrotou por 15 votos o anterior dirixente da federación, José García Liñares
Fálase
Diagonal entrevista Esteban Hernández, autor do libro El fin de la clase media, que destaca que a cada vez menos numerosa clase media era "a devasa fronte ás tendencias fortes de cambio"
Os 11 conselleiros da CRTVG manteñen soldos de ata 71.000 euros ao ano. A metade da remuneración corresponde a pagamentos por asistir e preparar as xuntanzas
Un empresario estrela o seu coche contra a sede do PP en Madrid con dúas bombonas de butano dentro. O presunto autor, que di ser un afectado pola crise, foi detido
Anova celebra arestora o seu acto sobre "confluencia municipal e quebra democrática" coa participación de Ada Colau e Xosé Manuel Beiras. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón.
Unha nova manifestación contra o peche de Alcoa percorre as rúas da Coruña. A factoría está pendente da nova poxa que se realizará a partir da vindeira semana. Fotografía de @TraballadoAlcoa.
O Supremo pregunta ao fiscal se debe investigar a José Manuel Barreiro, voceiro do PP no Senado, por tráfico de influencias e suborno.
Los Suaves anuncian unha xira de despedida para o vindeiro 2015. O grupo de rock galego dará unha rolda de prensa para explicar os detalles destes concertos que porán fin á súa carreira.
O Ministerio de Industria convoca para os días 22 e 23 de decembro a poxa extraordinaria para asignar novos bloques do servizo de interrumpibilidade eléctrica para grandes consumidores, aos que espera poder acollerse Alcoa
Iberdrola encárgalle a Navantia Fene a construción de 29 ancoraxes para un parque eólico mariño. Teñen un custe de 90 millóns e darán emprego a 450 persoas durante os próximos dous anos. O estaleiro, malia o prometido, quedara fóra da construción dos publicitados floteis de Pémex.