Un empresario estrela o seu coche contra a sede do PP en Madrid con dúas bombonas de butano dentro. O presunto autor, que di ser un afectado pola crise, foi detido
Fálase
Anova celebra arestora o seu acto sobre "confluencia municipal e quebra democrática" coa participación de Ada Colau e Xosé Manuel Beiras. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón.
Unha nova manifestación contra o peche de Alcoa percorre as rúas da Coruña. A factoría está pendente da nova poxa que se realizará a partir da vindeira semana. Fotografía de @TraballadoAlcoa.
O Supremo pregunta ao fiscal se debe investigar a José Manuel Barreiro, voceiro do PP no Senado, por tráfico de influencias e suborno.
Los Suaves anuncian unha xira de despedida para o vindeiro 2015. O grupo de rock galego dará unha rolda de prensa para explicar os detalles destes concertos que porán fin á súa carreira.
O Ministerio de Industria convoca para os días 22 e 23 de decembro a poxa extraordinaria para asignar novos bloques do servizo de interrumpibilidade eléctrica para grandes consumidores, aos que espera poder acollerse Alcoa
Iberdrola encárgalle a Navantia Fene a construción de 29 ancoraxes para un parque eólico mariño. Teñen un custe de 90 millóns e darán emprego a 450 persoas durante os próximos dous anos. O estaleiro, malia o prometido, quedara fóra da construción dos publicitados floteis de Pémex.
A CIG reclamou a devolución completa da paga extra das empregadas e empregados públicos cunha comparsa en San Caetano. Finalmente, puido cantar a panxoliña na cafetaría do edificio administrativo da Xunta, despois de que a policía impedise levar a cabo esta festiva protesta noutros espazos.
As Novas Xeracións do PP animan a formular preguntas para Feijóo a través de Twitter coa etiqueta #pregúntalleaFeijóo. Incorporaranas, din, a un "foro" que celebrarán o vindeiro sábado para "abordar" co presidente "os temas que máis interesan á mocidade galega"
Queremos Galego convoca unha manifestación na defensa da lingua para o vindeiro 8 de febreiro