Queremos Galego convoca unha manifestación na defensa da lingua para o vindeiro 8 de febreiro
Fálase
O alcalde de Sada admite que pactou as bases dun proceso selectivo coa persoa que acabou obténdoo, única aspirante ao posto. Ernesto Anido está imputado por presunta prevaricación administrativa. Recólleo La Opinión
O fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres-Dulce, anuncia a súa dimisión alegando motivos persoais. En El Diario
O ILG publica unha web interactiva co ránking e evolución dos dez nomes máis populares para nenos e nenas nacidos en Galicia na última década. Das Marías ás Noas e dos Pablos aos Hugos. Complementarase nos próximos meses cunha aplicación que permitirá coñecer a evolución dos nomes propios de persoa en Galicia nos últimos cen anos.
Stop Desafiuzamentos e as PAH de Galicia concéntranse xa ante as subdelegacións do Goberno en Galicia "contra a represión dos movementos sociais". Máis información, hoxe ne Praza. Foto de @CIGLugo
Industria convoca para luns e martes a poxa extraordinaria da que depende o futuro de Alcoa, que podería acadar os bloques necesarios para manter a súa actividade na Coruña e Avilés. A CIG concéntrase hoxe ante varias industrias para reclamar unha tarifa eléctrica galega.
Cinco anos e tres meses de cadea para dous sindicalistas asturianos por un piquete. O xuíz acúsaos dun delito contra os dereitos dos traballadores e outro de lesións por uns incidentes durante o 29M.
As FARC declaran un alto ao fogo unilateral e indefinido. A guerrilla asegura que só rachará con este compromiso se recibe ataques.
Xabier P. DoCampo (Prolingua) responde cunha carta aberta ás declaracións de Alberto Núñez Feijoo sobre a responsabilidade das familias na perda de galegofalantes entre a mocidade: "Vostede ben sabe o que hai que facer para desarmar a tendencia maligna de que as familias rompan a cadea da transmisión do idioma, mesmo hai malvados que din que o sabe tan ben, que por iso non o fai"
As eléctricas cortáronlle a luz por impago a máis dun millón de familias en 2013 en toda España, denuncia FACUA