A CIG reclamou a devolución completa da paga extra das empregadas e empregados públicos cunha comparsa en San Caetano. Finalmente, puido cantar a panxoliña na cafetaría do edificio administrativo da Xunta, despois de que a policía impedise levar a cabo esta festiva protesta noutros espazos.
