Rajoy repite que "aínda" non ten "maioría" para formar goberno tras o segundo encontro co rei, que "non" llo ofreceu, e por iso opta por "esperar acontecementos". O presidente en funcións teima en reclamar a 'gran coalición' fronte ao "radicalismo".
Fálase
O BNG esixe a dimisión dun edil do PP en Moraña por chamarlle "mala zorra" á presidenta da Deputación. Recólleo Pontevedra Viva
O PSOE di estar disposto a entrar no goberno da Coruña tras suspender as negociacións para o orzamento.
Dez grandes cadeas comerciais, entre elas Inditex, comprometen o uso do euskera nas súas comunicacións. Fanno a través dun convenio co Goberno vasco do que informa a ETB
Pedro Sánchez comunícalle ao rei que está disposto a procurar formar Goberno.
Este martes preséntase en Compostela (Pazo de San Roque, 19 horas) o libro Ramón Lugrís. Sempre en Galicia, sempre en Europa, editado polo IGADI, que serve como homenaxe ao galeguista, finado en decembro, que fixo bandeira do seu europeísmo.
O paro rexistrado sobe en 7.639 persoas en Galicia, a terceira comunidade onde máis medra en xaneiro. O número de afiliados á Seguridade Social descende en máis de 15.000 persoas. Máis información, esta mañá en Praza.
A Xunta inicia este ano os concursos para facer funcionarios a 6.000 empregados. Prevé que a final de lexislatura se beneficien os primeiros traballadores.
Espectacular incendio na zona vella de Pontevedra. As lapas comezaron nunha tenda da praza da Ferrería e estendéronse a un edificio. Non houbo feridos tras desaloxárense varias persoas.
O PP aposta por repetir eleccións como única saída para Rajoy. O aínda presidente en funcións non intentará ser investido aínda que Pedro Sánchez fracase.