Pedro Sánchez: "Estamos abocados a novas eleccións". O líder do PSOE trasládalle ao rei que non se someterá a outra investidura porque só conta con 131 apoios.
Fálase
Pablo Iglesias coida que a proposta de pacto de Compromís non prosperará pola negativa do PSOE e asegura que defenderá esta vía tras as novas eleccións xerais.
Abanca anuncia a creación dunha institución que ofrecerá estudos universitarios privados en Galicia. Recólleo Europa Press
María Xosé Queizán será a autora homenaxeada no III Día das Galegas nas Letras, que impulsa a plataforma de crítica literaria A Sega
O xornalista Miguel Ángel Aguilar gaña o XII Premio José Couso á liberdade de prensa
O PSOE acepta 27 das 30 propostas de Compromís, pide apoio a dous orzamentos e ofrece unha cuestión de confianza de Pedro Sánchez a media lexislatura. Está a contalo eldiario.es
Compromís lanza unha proposta de acordo de esquerdas que evite as novas eleccións. Remitirállo a PSOE, Podemos, IU, En Comú e En Marea. O documento, en eldiario.es
As universidades galegas propoñen transformar a reválida de Bacharelato nunha selectividade. Piden que sexa unha única proba de acceso para toda Galicia, e que sexa supervisada polas universidades
Felipe VI recibirá a Rivera (12 horas), Iglesias (13 horas), Sánchez (16.30) e Rajoy (17.30), para pechar a derradeira rolda de consultas cos partidos. Despois, a Casa Real anunciará se lle encarga a algún candidato que intente ser investido ou se se procede a disolver as Cortes.