A galega Vero Boquete lidera a vitoria da selección española ante Inglaterra (3-2) no Europeo de Suecia. A compostelá abriu o marcador e foi a mellor xogadora do encontro.

A galega Vero Boquete lidera a vitoria da selección española ante Inglaterra (3-2) no Europeo de Suecia. A compostelá abriu o marcador e foi a mellor xogadora do encontro.
O xuíz bloquea novas contas de Bárcenas en Londres. Ruz dá por feito que os cartos proveñen de "comisións vencelladas a adxudicacións públicas".
Un incendio avanza entre varias vivendas en Cartelle. O lume provocado por un raio o xoves reactivouse este venres. Outro incendio con varios focos preto da Coruña provoca as queixas de pilotos que pretenden aterrar en Alvedro.
A luz subirá outro 3,2% como consecuencia da reforma enerxética. Así o anunciou o ministro de Industria, José Manuel Soria, tras o Consello de ministros de hoxe. Dende 2012 a luz subiu un 8%.
O presidente do Congreso dos Deputados, Jesús Posada, coida que unha comparecencia de Rajoy sobre o caso Bárcenas suporía "facerlle a onda" ao ex tesoureiro do PP, agora encarcerado. En El Diario.
O Concello de Sanxenxo atende ás críticas e pasa a tuitear tamén en galego
Pescanova pagou en negro a testaferros para ocultar a súa débeda millonaria. A dirección daba ordes ás filiais de como emitir facturas falsas.
Facebook censura unha imaxe no perfil do diario El Mundo coa que ilustraba as denuncias de agresións sexuais nas festas do San Fermín.
Un cine de Barcelona lanza unha tarifa plana de 30 euros ao ano para fidelizar a súa clientela e, así, financiar a dixitalización dunha das súas salas. Cóntao o diario Ara
Máis dun milleiro de persoas maniféstanse na Coruña contra a "criminalización dos movementos sociais" logo das case 20 sancións impostas a activistas na cidade. Os concentrados pediron a dimisión do delegado do Goberno, Samuel Juárez.