Practicamente todo o centro e o sur de Galicia, en risco "extremo" de incendio forestal, segundo o IRDI que cada día elabora Medio Rural.
Fálase
O Goberno central aproba o decreto para sacar a Franco do mausoleo do Valle de los Caídos. O 31 de agosto o Consello de Ministros incoará o proceso. A partir de entón a familia terá 15 días para facerse cargo do cadáver do ditador. Se non o fai, o Executivo elixirá un "lugar digno e respectuoso" para soterrar os restos. O decreto será así mesmo tramitado como proxecto de lei no Congreso.
Continúa activo o incendio do Parque Natural do Invernadoiro, que na mañá do xoves xa queimara 68 hectáreas. A Xunta indica que a mala visibilidade dificulta a medición da superficie afectada
O Concello da Coruña reclámalle ao Estado que condone as débedas da Autoridade Portuaria (200 millóns de euros) ao igual que vén de facer coas do Consorcio de Valencia 2007 (350 millóns)
Persoal do 061 critica que a Xunta "estea de vacacións" en plena folga indefinida no servizo. Sinalan que non conseguen contactar cos representantes da Administración para trasladarlles as súas reivindicacións
Centos de axentes forestais e ambientais manifestáronse este mércores en Vigo en defensa do medio natural e en demanda de mellores condicións de traballo para protexelo
Dous incendios están a queimar o Parque Natural do Invernadoiro, no concello de Vilariño de Conso. Polo de agora arrasaron xa varias hectáreas de terreo, cunha fronte moi extensa, como se pode ver neste vídeo.
Os axentes ambientais e forestais manifestaranse esta tarde en Vigo (Praza de España, 19 horas) en defensa do patrimonio natural galego e para reclamar un acordo laboral que regule as súas condicións de traballo. O colectivo permanece en folga dende o pasado 1 de agosto.
O grupo de observación de cetáceos Verballenas rexistrou o paso de dúas candorcas por Estaca de Bares en dirección ao Cantábrico. Nos últimos anos Galicia vén confirmándose como un espazo privilexiado de alimentación e migración de cetáceos
PP e Ciudadanos non apoiarán o decreto de exhumación dos restos de Franco. Á xa coñecida negativa dos populares únese a da formación liderada por Albert Rivera, que o pasado ano si apoiara unha iniciativa parlamentaria neste senso