A Plataforma en Defensa do Ensino Público concéntrase esta noite en varias localidades galegas en contra da reforma educativa do ministro Wert.
Fálase
A Xunta informa de que mañá haberá clases en toda Galicia malia ao temporal. Educación só suprime as actividades no exterior.
O ex inspector naval que acudiu ao Prestige acusa o capitán de sabotear o buque. Serafín Díaz cre que o obxectivo de Mangouras era "embarrancar" o barco na costa.
O Goberno central estuda publicar unha lista cos maiores defraudadores fiscais do Estado. Cóntao a Cadena SER
O BNG aclara que non participa do "veto antidemocrático" de PSOE e UPyD a Amaiur no pacto para presentar ante o Constitucional un recurso conxunto contra o recorte ás pensións. Máis información, esta tarde en Praza.
Todos os dias ás seis da tarde os colectivos que forman parte da iniciativa Yo estudié en la pública danlle "unha clase de reforzo" ao ministro Wert
Dimite o xefe dos Mossos que freou o informe sobre os disparos que lle causaron a Ester Quintana a perda dun ollo. Mentres, o conseller en funcións Felip Puig segue negando que os Mossos d'Esquadra disparasen pelotas de goma aquel dia.
Membros do comité de empresa de Povisa atópanse nestes momentos pechados na sede da Xunta en Vigo en protesta pola intención da empresa de reducir a súa xornada laboral.
A negativa do PSOE a aceptar o apoio de Amaiur impide que se materialice o recurso conxunto de toda a oposición no Congreso dos Deputados ao recorte das pensións. En El Diario.
AGE e BNG reclaman conxuntamente a comparecencia no Parlamento dos conselleiros de Industria e Cultura para daren explicacións sobre os trámites e a autorización da mina de Corcoesto