A negativa do PSOE a aceptar o apoio de Amaiur impide que se materialice o recurso conxunto de toda a oposición no Congreso dos Deputados ao recorte das pensións. En El Diario.
Fálase
AGE e BNG reclaman conxuntamente a comparecencia no Parlamento dos conselleiros de Industria e Cultura para daren explicacións sobre os trámites e a autorización da mina de Corcoesto
#consellodaxunta O Consello renova os 'superdelegados' na Coruña, Belén do Campo, en Lugo, Raquel Arias, en Pontevedra, José Manuel Cores. Volve nomear tamén a Álvaro Pérez como director xeral do gabinete da Presidencia. Os catro deixan os seus escanos no Parlamento, para os que foron elixidos o 21-O.
#consellodaxunta Educación aproba un novo decreto de escolarización. Sobre a puntuación por ter irmáns ou irmás no mesmo centro educativo e mudan os baremos para calcular a renda familiar.
#consellodaxunta Feijóo transmítelle os "parabéns" a Íñigo Urkullu, que vén de ser elixido lehendakari, e deséxalle unha "boa andaina"
Avaaz continúa coa súa iniciativa Fóra as vosas mans da nosa Internet!, convocando internautas de todo o planeta a recoller sinaturas e doazóns para facer presión común contra os reiterados intentos de limitar a liberdade na rede. O obxectivo é influir sobre a posición dos gobernos, reunidos na Conferencia Mundial de Telecomunicacións Internacionaies (CMTI-12) en Dubai.
José Millán Soto foi o gañador do Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre co proxecto Soporte de Accesibilidade nas Aplicacións KDE. A Asociación Cultural Proxecto Trasno outorgou a Mención especial á promoción da lingua galega nas TIC a Leandro Regueiro Iglesias. A quinta edición dos premios celebrouse onte na sede da AMTEGA.
- Persoal da Xunta concéntrase a esta hora no interior do complexo de San Caetano contra os recortes no seu salarios e dereitos sociais
O presidente do PNV, Íñigo Urkullu, vén de ser elixido lehendakari polo Parlamento vasco. En Naiz.
O IPC baixa unha décima en novembro en Galicia e cae ao 2,7% interanual. Os prezos tamén baixaron unha décima no Estado, quedando a taxa interanual no 2,9%, segundo os datos do INE.