Avaaz continúa coa súa iniciativa Fóra as vosas mans da nosa Internet!, convocando internautas de todo o planeta a recoller sinaturas e doazóns para facer presión común contra os reiterados intentos de limitar a liberdade na rede. O obxectivo é influir sobre a posición dos gobernos, reunidos na Conferencia Mundial de Telecomunicacións Internacionaies (CMTI-12) en Dubai.
Fálase
José Millán Soto foi o gañador do Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre co proxecto Soporte de Accesibilidade nas Aplicacións KDE. A Asociación Cultural Proxecto Trasno outorgou a Mención especial á promoción da lingua galega nas TIC a Leandro Regueiro Iglesias. A quinta edición dos premios celebrouse onte na sede da AMTEGA.
- Persoal da Xunta concéntrase a esta hora no interior do complexo de San Caetano contra os recortes no seu salarios e dereitos sociais
O presidente do PNV, Íñigo Urkullu, vén de ser elixido lehendakari polo Parlamento vasco. En Naiz.
O IPC baixa unha décima en novembro en Galicia e cae ao 2,7% interanual. Os prezos tamén baixaron unha décima no Estado, quedando a taxa interanual no 2,9%, segundo os datos do INE.
A ministra de Emprego, Fátima Báñez, faltou a todos os cumios europeos de Traballo dende que chegou ao Goberno. En El Diario.
Todos os partidos do Parlament catalán, agás o PP e Ciutadans, acordan non acatar a lei Wert se non muda nos seus "ataques" á lingua catalá. En El Periódico.
Sanidad impón o pago por traslados en ambulancia para tratamentos non urxentes. Os pacientes e pensionistas de menos renda pagarán 10 ou 20 euros ao mes e os traslados desde o hospital tras recibir a alta tamén serán de pago, segundo adianta a Cadena Ser.
Localizan 28 millóns de euros de bens de Mubarak en España. Foron bloqueados 18,4 millóns en produtos financeiros en varias entidades españolas.
A Xunta pidelle os seus traballadores que atrasen as vacacións "polo traballo acumulado" e di que pemitirá coller os días de vacacións e os días de asuntos propios até o 31 de marzo. A CIG cre que só é unha excusa para denegar permisos de nadal.