O PP vota en contra de que Feijó detalle no Parlamento os acordos con Pemex. Os votos dos deputados populares rexeitaron a petición do PSdeG, apoiada polo BNG, na Deputación Permanente da Cámara. Haberá máis información en Praza.
Fálase
O ministro de Educación, José Ignacio Wert, coida que o incremento do sentimento independentista en Catalunya está relacionado co sistema educativo catalán. Cóntao Vilaweb.
La Voz de Galicia difunde o cartel electoral de Núñez Feijóo. O diario publica, na edición impresa e na web, o cartel no que se pide o voto para o PP, o que podería incumprir a Lei Electoral, que establece expresamente a prohibición de solicitar o voto ata que comece a campaña electoral.
O ministro Soria comprométese a loitar por manter Alcoa en Galicia. O titular de Industria asegura que a compañía terá unha factura eléctrica competitiva para 2013. Máis información, esta tarde en Praza.
Traballadores e armadores realizan unha acción de protesta en Conxemar, no IFEVI de Vigo, segundo informa a CIG. Os mariñeiros da flota cefalopodeira en Mauritania reclaman as axudas pactadas tras a súa expulsión das augas de Ma.
The New York Times dedica o seu editorial de hoxe a España. Advirte de que o foco da crise económica en Europa está posto sobre Madrid e que a Rajoy non lle quedan solucións para recortar gastos "sen arriscarse a un desastre social". O xornal urxe a Alemaña a que aposte por politicas de crecemento e non de austeridade.
Bloco de Esquerdas e PCP presentarán mocións de censura contra o goberno portugués e anuncian que se apoiarán mutuamente
Galicia conta con 2.106 desempregados máis en setembro, logo de que o paro subise un 0,82% no país. Hai 275.859 desempregados máis que hai un ano, un incremento do 11,36%.
Dende as oito e media da mañá celébrase no Senado a Conferencia de Presidentes. Rajoy tenta que os representantes do seu propio partido non convertan a cita nun "axuste de contas" coa Generalitat. Cóntao El Diario.
España pode pedir o rescate antes desta fin de semana, segundo adianta Reuters. A decisión estaría xa tomada. Máis información, esta mañá en Praza.