España pode pedir o rescate antes desta fin de semana, segundo adianta Reuters. A decisión estaría xa tomada. Máis información, esta mañá en Praza.
Fálase
O paro subiu en 79.645 persoas en setembro e a cifra total de inscritos nos Servizos Públicos de Emprego supera os 4.700.000. O número de afiliados á Seguridade Social baixa en 86.174 persoas e queda en 16.809.803, o nivel máis baixo dende febreiro de 2004. En Galicia hai 275.859 desempregados e desempregadas, case un 12% máis que hai doce meses.
A patronal eólica calcula que só se poderá executar o 20% do concurso da Xunta. A crise económica, a supresión da prima das renovables e a nova taxa de produción eléctrica impedirán a posta en marcha da meirande parte dos proxectos.
O Goberno grego gastará 29 millóns de euros na construción dun circuito de Fórmula 1 en plena crise económica
Artur Mas salienta nunha entrevista que "un Estado propio non significa independencia porque estaremos en Europa" e destaca que o proceso non significa un "adeu" a España.
El presidente colombiano Juan Manuel Santos será operado de cancro de próstata. É o quinto mandatario latinoamericano que sofre esta enfermidade nos últimos tempos: Lula da Silva, Fernando Lugo, Hugo Chávez, Cristina Fernández e Dilma Rousseff.
A Xunta vén de anunciar a visita do ministro de Industria, José Manuel Soria, á factoría de Alcoa en San Cibrao. Achegarase mañá pola mañá, apenas tres días antes de que expire o prazo para coñecer se a compañía consegue unha tarifa eléctrica para grandes consumidores que faga viable a súa continuidade no país.
A Xunta infrinxiu a Lei Electoral por sexta vez dende a convocatorias das eleccións, desta volta celebrando un acto para amosar a incorporación de novos axentes á Policía Autonómica, que incluíu unha foto de familia con Feijóo na Praza do Obradoiro. A denuncia interpúxoa o PSdeG e obriga o Goberno galego a retirar da súa web as referencias ao acto.
Europa esixe a España a reforma do sistema de pensións. O comisario Rehn, de visita en España, asegura que Bruxelas está preparada para recibir unha petición de rescate. Cóntao El Diario.
A Comisión Europea culpa a banca e non o Goberno da posible desviación do déficit. Terá en conta, se o déficit supera o pactado coa UE, que non é pola política económica do Exectivo, senón polas perdas xeradas polas axudas ás entidades financeiras.