Feijóo devolve a Paula Prado á dirección do PPdeG despois de que a Fiscalía do TSXG impulsase o peche do proceso contra ela ao non ver delito nas escoitas que apuntaban o presunto "inchado" dunha factura na súa etapa como edil en Santiago

Feijóo devolve a Paula Prado á dirección do PPdeG despois de que a Fiscalía do TSXG impulsase o peche do proceso contra ela ao non ver delito nas escoitas que apuntaban o presunto "inchado" dunha factura na súa etapa como edil en Santiago
O alcalde de Caldas, procesado polo caso do derrubamento dunha vivenda, di sentirse maltratado polo PSdeG, que o insta a dimitir en cumprimento do código ético do partido. Recólleo El País Galicia
Anxo Lugilde analiza en El Progreso a posibilidade de que Ciudadanos acceda aos concellos galegos e o seu eventual papel como sostén do PP nalgunhas cidades do país nas que periga a maioría dos de Feijóo.
O colectivo Poetarras revoluciona as redes cunha canción dedicada a Feijóo baseada nun tema de Katy Perry. "O neno da aldea que chegou a presidente da Xunta merecía unha canción", din.
O BNG propón un programa de emerxencia social dotado de 25 millóns para Galicia ante os "graves problemas de pobreza" no país.
Un cento de gandeiros concéntrase ante a Xunta para denunciar que, coa fin das cotas, a industria impón a venda "a perdas". Recólleo Campo galego
O bus do PSOE inicia en Lugo o seu percorrido por Galicia. "Os socialistas levamos as nosas siglas por diante" fronte "a un PP que as agocha" porque as súas políticas "fixeron moito dano", di o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.
A afiliación á Seguridade Social medrou un 0,57% en Galicia no mes de marzo. As persoas afiliadas son agora algo máis de 923.000, un 1,88% máis que hai un ano. A afiliación medrou en once autonomías con maior intensidade que en Galicia.
Galicia rexistra 5.412 inscricións menos nas oficinas de emprego durante o mes de marzo. As inscricións son 24.326 menos que hai un ano. A baixada é do 2,10% mensual e do 8,80% interanual. O descenso no Estado foi de 60.000 persoas. Máis información, hoxe en Praza.
O Celta perdeu por 0-1 ante o Barça malia ao seu bo xogo. O Dépor, pola súa banda, caeu 2-1 nun mal partido co Getafe