O BNG de Muros desbota presentar unha moción de censura xunto ao PP contra a alcaldesa socialista. O grupo nacionalista, despois dunha xuntanza coa Executiva Nacional do Bloque, acordou "demandar ao PSdeG a rectificación da súa política no concello" e, ao tempo, "desbotan calquera hipótese de presentación" da censura.
Fálase
A CIG denuncia presións dos empresarios na comarca de Compostela contra os traballadores que queren facer folga e CCOO e UGT aseguran que Mango impide aos seus empregados secundala. Máis información aquí.
La Caixa aproba comprar Banca Cívica por 979 millóns, a 1,97 euros a acción, cando o grupo de caixa de aforros pechou o pasado veneres a 2,22 euros por acción. Máis información en Cinco Días.
A CIG recorre os servizos mínimos ditados pola Xunta para o 29-M por consideralos abusivos e contrarios ao dereito fundamental de folga. A central nacionalista entende que con este decreto procúrase unha “neutralización dos efectos do conflito mediante a asignación duns recursos de tempo e persoal absolutamente desproporcionados”.
Sinpermiso publica un artigo de Antoni Domènech, G. Buster e Daniel Raventós, membros do seu comité de redacción no que analiza a relación entre a derrota do PP nas eleccións desta fin de semana e a folga xeral convocada para o xoves: "A ofensiva de contrarreformas neoliberais imposta nestes tres meses polo PP chocou cunha remobilización inicial da esquerda, no marco da preparación da folga xeral".
Rick Santorum endurece a campaña electoral norteamericana cun vídeo contra Obama que ben parece un filme de terror e cunha elevada dose de publicidade subliminal
O Ministerio de Emprego recupera o vídeo propagandístico sobre a reforma laboral a catro días da folga xeral e despois de que a Xunta Electoral o vetase ata despois das eleccións andaluzas e asturianas. Segundo o Goberno central, custou 4.200 euros máis IVE.
CCOO e UGT estudan recorrer os servizos mínimos aprobados pola Xunta para a folga xeral e xa pediron ante a Xustiza a suspensión cautelar dos servizos mínimos na CRTVG, instalacións deportivas e xulgados.
Toxo e Méndez piden ao Goberno de Rajoy que entenda a folga xeral como "unha oportunidade para corrixir a reforma laboral". Os líderes sindicais de CCOO e UGT solicitan a creación "dunha mesa de negociación con sindicatos e empresarios". Imaxe de EP.
O deputado José Manuel Lage Tuñas informa a través das redes sociais de que o Grupo Parlamentario Socialista vén de decidir secundar a folga xeral.