A ponte sobre o Ulla do AVE do Eixo Atlántico, primeira do Estado que obtén un recoñecemento da International Association for Bridge and Structural Engineering.

A ponte sobre o Ulla do AVE do Eixo Atlántico, primeira do Estado que obtén un recoñecemento da International Association for Bridge and Structural Engineering.
A UEFA impide ao Celta lucir un trisquel na súa camisola nas competicións europeas. Cóntao o portal Moiceleste, que subliña que o símbolo inclúese na equipación do equipo vigués dende hai anos e que
A guerra aberta no PSOE esvae o inicio de procesos xudiciais contra ex-cargos do PP como o das tarxetas black ou a Gürtel. Unha análise de Pedro Águeda en eldiario.es
O Colexio de Xornalistas insta os medios a usar a toponimia galega nas súas formas oficiais. O CPXG reitérao despois de que El Mundo informase das eleccións do domingo con topónimos como Guinzo de Limia, Pollo ou Nieves.
A xuíza da Operación Zeta reactiva os interrogatorios e cita o presunto líder da trama, Gerardo Crespo, para finais de novembro. Cóntao La Opinión de A Coruña
Os tres edís do PSOE que abandonaron o goberno de Ferrol votan co PP para impedir unha modificación de crédito para atender pagamentos inmediatos do Concello. Cóntao Ferrol 360.
Esta fin de semana celébrase en Compostela a segunda edición do Maker Faire Galicia. O Pazo de Congresos acollerá presentacións, obradoiros, concertos, mesas redondas e outras actividades. O pasado ano 138 makers participaron no evento
Os nativos dixitais galegos pasan conectados á rede máis do dobre de tempo (3,5 horas) que os da Xeración X (1,5), segundo un informe da axencia Avante Marketing&Media que analiza os hábitos de consumo dixital.
Camilo: o último guerrilleiro de Galicia, o documental interactivo realizado por un grupo de estudantes da UDC, estrearase en outubro e xa ten trailer
Onde ver cinema en versión orixinal substitulada en Galicia? Disquecool actualiza o seu mapa de salas do país e tamén en Portugal