O parlamento da rexión belga de Valonia rexeita o CETA (por 46 votos contra 16) e pon en dúbida a ratificación do acordo da UE con Canadá. A cámara xa aprobara unha resolución semellante en abril.
Fálase
O presunto líder da Gürtel retoma a declaración tras afirmar que obras do goberno Aznar implicaban comisións do 3% ao PP. Francisco Correa obviou, no entanto, nomes concretos de ministros ou empresas.
A construtora do Museo da Cidade da Cultura, FCC, insiste en reclamar á Xunta 9,3 millóns por sobrecustos logo de que unha primeira sentenza os rebaixase a 1,8 millóns.
O alcalde popular de Malpica, Eduardo José Parga Veiga, e o seu antecesor, o socialista José Ramón Varela Rey, serán xulgados por delito urbanístico. O rexedor obtivo o ano pasado a maioría absoluta malia presentarse xa imputado.
Un perito de Angrois di que os informes que Adif vén de entregar no xulgado con tres anos de atraso recollen “por primeira vez” unha análise de riscos do AVE Ourense-Santiago, pero engade que “non queda claro” que analizaran o risco concreto da curva.
A xestora do PSdeG confirma a proposta de Leiceaga como voceiro parlamentario. O órgano provisional dos socialistas galegos prevé xuntanzas co grupo nos vindeiros días para "organizar o traballo por áreas no Parlamento durante os próximos catro anos", di nun comunicado.
O BNG insta a Xunta a "frear" calquera "operación especulativa" de Ferroatlántica coas centrais hidroeléctricas do Xallas. Avanzouno Ana Pontón nunha xuntanza co comité de empresa da compañía.
Os membros do grupo de En Marea recollen as súas actas no Parlamento e avanzan que as súas primeiras iniciativas serán de "loita contra a pobreza". A formación detallou tamén a distribución de áreas no grupo: ademais da portavocía, Villares asume o eido institucional e o de lingua.
O presunto líder da trama Zeta, Gerardo Crespo, comparecerá como investigado -antiga imputación- o vindeiro 12 de decembro na Coruña, segundo vén de confirmar o TSXG tras un cambio de datas. O caso investiga unha presunta fraude en cursos de formación da Xunta que, segundo a investigación, beneficiou tamén o PP.
Beade, O Porriño, Samos e Meira, entre os novos concellos denunciados por manter simboloxía franquista incumprindo a Lei de Memoria Histórica. Eldiario.es detalla a nova acción legal, que se une ás demandas que en 2015 xa antixiron a sete municipios e tres bispados en Galicia