Sánchez advirte de que Pablo Iglesias "non cumpre os requisitos básicos" para ser apoiado polo PSOE como presidente. Afirmouno nunha entrevista en Onda Cero que recolle eldiario.es
Fálase
Tes prognóstico para o 26X? Podes amosalo na 'porra' electoral de eldiario.es, agora con dous niveis, básico e experto.
'Dorribo, o campión esquecido'. José Manuel Freire traza en El Progreso un perfil do presunto líder da trama Campeón que, lembra, chegou a ser "idolatrado" por boa parte da sociedade lucense.
Medra a emigración laboral en Galicia: Marchan 50.000 persoas e veñen 27.500, segundo datos que debulla Faro de Vigo
AXENDA DE CAMPAÑA - 20 DE XUÑO
- PP: Feijóo participa nun almorzo informativo con Baltar e á tarde ofrece un mitin co ministro de Sanidade en Santiago.
- En Marea: A coalición celebra un acto sobre parques de bombeiros públicos á mañá e celebra ás 20:00 mitin na Estrada.
- PSdeG: Leiceaga fai campaña na Coruña e remata o día cun mitin no anfiteatro dos Condes, en Monforte.
- BNG: Pontón visita Pontevedra pola mañá e ás 20:00 participa no mitin central de Ferrol, na Praza do Inferniño.
- Ciudadanos: Albert Rivera visita o porto de Vigo este mediodía.
Mariña Patrimonio, Cultura do País e ADEGA levaron a cabo unha plantación simbólica de eucaliptos na muralla de Lugo para denunciar os danos que a industria madeireira provoca no patrimonio arqueolóxico.
Ana Pontón pediu dende Composrela o voto para o BNG, subliñando que ten "as mans libres para defender Galicia os 365 días do ano". Defendeu o "dobre valor" da papeleta á formación nacionalista: "somos garantía de cambio e de defensa deste país.
O eurodeputado Javier Nart acompañou en Sanxenxo a campaña dos candidatos galegos de Ciudadanos. Asegura que o seu partido non chegará a acordos con Podemos, que ten -dixo- "propostas imposibles"
Forzas turcas matan cando menos oito refuxiados e refuxiadas sirias que tentaban cruzar a fronteira entre os dous países. Entre os falecidos e falecidas hai catro mulleres e tres nenos. A maioría pertencía a unha mesma familia. Segundo o Observatorio Sirio para os Dereitos Humanos, son xa ao redor de 60 as mortes provocadas polos gardas turcos nesta fronteira.
Vigo, A Coruña, Compostela, Pontevedra e Ferrol acollen na mañá deste domingo manifestacións contra a guerra e polo dereito de asilo, coincidindo co Día Mundial das persoas refuxiadas. En Lugo a cita será esta tarde e en Ourense, mañá luns.