Paula Prado proclama que "Os cidadáns respectuosos coa lei, a orde e os dereitos dos demais" non teñen "nada que temer" coa nova Lei de Seguridade Cidadá. "Cualificala de lei mordaza é dar amparo a actuacións á marxe das normas e en prexuízo dos dereitos dos demais", sentenciou a deputada do PPdeG durante un debate no pleno do Parlamento.
