São Paulo e Río retiran a suba do transporte despois de 12 días de protestas
Fálase
Manifestación en Vigo na defensa do aeroporto de Peinador. A mobilización obriga a pechar o centro da cidade ao tráfico. Imaxe de @crtvg_vigo.
O PP afirma que o valenciano xa se escribía no século VI antes de Cristo. A oposición pregunta se o promotor da iniciativa no parlamento autonómico "era xa deputado no pleistoceno".
"No, I'm not going to the world cup". Un vídeo de Carla Dauden, cineasta brasileira radicada nos Estados Unidos, estase convertendo nun fenómeno viral no marco das protestas desta semana no Brasil
Naukas enumera en Quo "as dez pragas do I+D+i español", comezando pola paralización de proxectos ou a dificultade para desenvolver unha carreira investigadora, até o desmantelamento da Organización Nacional de Trasplantes ou os 800 doutores que cada ano marchan traballar ao extranxeiro.
O ex director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, pídelle protección á Xunta na súa chegada ao Parlamento o vindeiro venres, onde comparece na comisión de investigación das caixas. Teme a presenza de "grupos de presión", segundo informa Europa Press
RNE destitúe o seu director, Manuel Ventero, tras só un ano no cargo. A xestión de Ventero foi duramente criticada por boa parte do persoal da emisora pública, que acumula destacadas caídas de audiencia. Cóntao El País.
O deputado do PP e líder das súas Novas Xeracións, Javier Dorado, asegura "non saber" se "fiarse de Fernando Vázquez e Luís Tosar" ou dun "doutor en ciencias xeolóxicas". O científico que cita apoiou o proxecto xunto ao lobby mineiro en Bruxelas.
O Supremo estuda se debe investigar o voceiro do PP no senado e presidente do partido en Lugo, José Manuel Barreiro, por un delito contra a administración pública e tráfico de influencias. Corresponde a unha peza separada vinculada ao caso Campeón, segundo recolle Europa Press na súa web.
AGE denuncia presións do PP para que o Parlamento europeo non aprobe un informe crítico con Reganosa. O informe menciona, entre outras cuestións, que a regasificadora non contou cun informe de impacto medioambiental axeitado nin se adecúa ás directivas europeas sobre tratamento de residuos.